17/11/10

O Día do Peón

O pasado 16 de novembro, celebrouse no cole o Día do Peón. Foron moitas as actividades que se desenvolveron arredor del: murais, decoración de peóns, elaboración do manifesto e, por suposto, a visita dos pais e demais familiares para bailarmos todos xuntos os nosos peón.

3/6/10

As impresións dos contacontos

Como sabedes durante este curso os nenos e nenas de 3º ciclo achegaronse as aulas dos máis pequenos do cole para contarlles contos en lingua galega; estas son as súas impresións sobre a experiencia.
  • Sara Campos: Pareceme moi boa idea, xa que os nenos que len practican a lectura e os nenos que escoitan poden sumerxerse nun mundo completamente novo e cheo de fantasía.
  • Verónica Negreira Veiga: A min encántame a actividade de lerlle os nenos, porque gústame moito a maneira na que atenden, as preguntas que fan e como eles comentan o libro de dous en dous ou de tres en tres.
  • Julia de Castro: Paréceme xenial, porque mentres nós practicamos, os pequenos disfrurtan coas historias que nós lles narramos. E ademais é moi agradable escoitar os comentarios dos nenos polo medio. É moi divertido!
  • Sabela Martinez Vilaboy: A miña opinión é que é unha actividade na que non so os nenos que lemos, o pasamos moi ben, aprendemos a pronunciar mellor, divertímonos lendo e aprendemos a pronunciar mellor o galego. É unha actividade moi interesante.
  • Iria Gonzalez: Creo que esta actividade é moi boa, tanto para os nenos pequenos coma para os maiores. Para os pequenos aprenden e para os maiores porque aprendemos a falar mellor o galego.
  • Amalia Rubido Varela: Gústame moito, porque é moi divertido ler aos nenos pequenos, e así o que está lendo, tamén le máis contos. Ó final, cando acabas un conto, case sempre te aplauden.
  • María D. Torrente Rodriguez: Pois a min paréceme moi ben porque ademáis de que me divierto moito lendo aprendo eu máis cos nenos (sobre todo se é un libro educativo)
  • Nicolás Sommariva Ucha: A mín paréceme unha idea moi boa porque os nenos pequenos, cando lles imos ler aprenden a escoitar e nós tamén aprendemos a ler moito máis claro e bastante mellor.
  • María Cabana Bedoya: Paréceme xenial, gústame moito lerlles, a maioría das veces pórtanse moi ben, es sempre lles gusta moito o conto. Espero que esta actividade se siga facendo.
  • Antía Allegue: Paréceme moi ben esta actividade, porque os nenos aprenden cousas novas, e tamén contos.
  • Sofía López Rico: A mín gústame moito porque ademáis de gustarme a mín gustanlle a eles, tamén me gustan as preguntas que me fan,, porque aprenden moito vocabulario e tamén galego.
  • Paulino J. Pérez-Mendaña Piñeiro (5º A): A miña opinión persoal é que esta actividade é moi boa tanto para os maiores como os de E. Infantil.. Aos nenos pequenos axúdalle para aprender galego e a nós para recordar moitas cousas.
  • Alex Martínez Chao: é moi bo porque aprenden galego, e máis cousas.
  • Xabier Calvo Cendán: A mín paréceme boa idea porque estamos estamos entretidos e os pequenos tamén.
  • Sara Piñeiro Fraga (6º A): Gustoume moito lerlles aos nenos pequenos porque non paraban de facer preguntas e de falar. Tamén me gustou porque ao final quedaron coa boca aberta e abraiados. Gustoume como miraban para min cos seus olliños fixamente.

4/4/10

Semana do teatro

O día 27 de marzo celébrase o Día do Teatro.
Este ano na nosa escola fixemos diversas actividades:
O día 24 de marzo os nenos e nenas de 3º de Primaria representaron duas obras: "O rato que comía gatos", unha adaptación dun conto de Gianni Rodari co mesmo título e "A aula de tócame-roque", unha obra moi graciosa sobre unha aula un pouco desordenada.

Se queredes ver os videos completos dos nosos compañeiros pinchade aquí.

O día 25 de marzo
recibimos a visita da compañía Tres Globos que representou con monicreques unha adaptación do conto "Pedro e o lobo" para os nenos e nenas de Infantil. Canto nos gustaron os monicreques!!


O día 26 de marzo a compañía de teatro Casa Hamlet representou para os nenos e nenas de Primaria a obra "Ratiña Linda", baseada nun libro de Bernardino Graña.


Como vedes este ano os protagonistas foron os ratiños e ratiñas.
Que vos pareceu a nosa celebración?

11/3/10

Contando contos

Dende o mes de outubro de 2009 vimos desenvolvendo esta actividade na que os/as máis grandes da escola (5º e 6º de primaria) se achegan a ler contos en galego aos máis novos/as (educación infantil e 1º de primaria).
Ten lugar todos os xoves coincidindo coa hora de lectura. Con esta actividade pretendemos dar ao alumnado un ESPAZO DE USO PARA A LINGUA GALEGA e favorecer un achegamento entre os máis novos e o maiores do noso centro.



Ademáis de contar o conto, establécese un diálogo entre o neno/a lector/a e os ointes co que se dinamiza o uso da lingua.
Esta actividade está resultando moi satisfactoria tanto para o alumnado participante como para o profesorado.

4/3/10

O entroido

Como ben sabedes, o pasado 12 de febreiro celebramos no cole o entroido. A temática común foi "As tribos urbanas", e así, no tradicional pasarrúas xuntáronse góticos con jipis, yupis, rapeiros e pijos.
E como unha imaxe val máis que mil palabras, aquí vos deixamos a mostra gráfica.



Se queredes recordar as cancións que inventamos e cantamos ante todo Pontedeume, tédelas pinchando aquí