12/5/17

CORRELINGUA

Hoxe o noso alumnado de 1º, 3º e 4º asistíu a 6ª edición de Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma. 




Nesta edición puidemos disfrutar dun concerto de Pablo Díaz... Tic, tac...Toc,toc...Tic,tac,toc...






TABOLEIRO DA LINGUA

No corredor da entrada do cole podemos atopar unha exposición de casteis no Taboleiro da Lingua sobre a vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas este ano 2017, Carlos Casares.





9/5/17

EN MAIO SEGUIMOS CO PDI "AS FRAGAS DO EUME"

Como xa sabedes no centro estamos a traballar un PDI sobre as Fragas do Eume. Aquí tedes novas actividades interactivas "SONS DAS FRAGAS".


Preme na imaxe

3/5/17

...EN MAIO...LETRAS GALEGAS


A literatura pode servir para moitas cousas: gañar a vida, gozar, emocionarse ou encanallarse. A min, persoalmente, sérveme para pasalo ben.
CARLOS CASARES



Neste mes de maio celebraremos as Letras Galegas, adicadas este ano a Carlos Casares. A Real Academia Galega publicou este ano na fermosa páxina web PRIMAVERA DAS LETRAS numerosos recursos e actividades sobre o autor e a súa obra.

Se premes na imaxe atoparedes unha chea de recursos e actividades sobre Carlos Casares.



Tamén podedes participar no certame Contádenos o voso Día das Letras, dirixido a escolares de ata 12 anos, a través deste proxecto web Primavera das Letras. Está aberto a todos os centros escolares de Galicia de infantil e primaria, co obxectivo de que amosen como celebran o vindeiro día 17, este ano dedicado á figura e á obra de Carlos Casares. As iniciativas a concurso serán compartidas neste espazo web, onde xa están dispoñibles dezasete actividades interactivas, fichas didácticas e fichas didácticas para colorear arredor da biografía e os libros de Casares. Cada centro poderá participar co número de proxectos que desexe, tanto os que abranguen a toda a comunidade escolar, como os que se organicen por aula, curso ou etapa. O xeito de participar é mediante o envío das ligazóns das súas webs ou blogs ou o material das súas iniciativas ao correo contacto@primaveradasletras.gal. O prazo remata o vindeiro 21 de xuño. Entre os participantes sortearanse lotes de libros á volta das vacacións de verán. ANIMÁDEVOS!!!

No SEMINARIO GALÁN tamén podemos atopar moitos recursos sobre Carlos Casares, dende actividades en liñas, documentos para imprimir...

Preme na imaxe

Tamén na FUNDACIÓN CARLOS CASARES unha morea de achegas dos centros educativos nos invitan a coñecer a este polifacético escritor.

Preme na imaxe