miércoles, 3 de mayo de 2017

...EN MAIO...LETRAS GALEGAS


A literatura pode servir para moitas cousas: gañar a vida, gozar, emocionarse ou encanallarse. A min, persoalmente, sérveme para pasalo ben.
CARLOS CASARES



Neste mes de maio celebraremos as Letras Galegas, adicadas este ano a Carlos Casares. A Real Academia Galega publicou este ano na fermosa páxina web PRIMAVERA DAS LETRAS numerosos recursos e actividades sobre o autor e a súa obra.

Se premes na imaxe atoparedes unha chea de recursos e actividades sobre Carlos Casares.



Tamén podedes participar no certame Contádenos o voso Día das Letras, dirixido a escolares de ata 12 anos, a través deste proxecto web Primavera das Letras. Está aberto a todos os centros escolares de Galicia de infantil e primaria, co obxectivo de que amosen como celebran o vindeiro día 17, este ano dedicado á figura e á obra de Carlos Casares. As iniciativas a concurso serán compartidas neste espazo web, onde xa están dispoñibles dezasete actividades interactivas, fichas didácticas e fichas didácticas para colorear arredor da biografía e os libros de Casares. Cada centro poderá participar co número de proxectos que desexe, tanto os que abranguen a toda a comunidade escolar, como os que se organicen por aula, curso ou etapa. O xeito de participar é mediante o envío das ligazóns das súas webs ou blogs ou o material das súas iniciativas ao correo contacto@primaveradasletras.gal. O prazo remata o vindeiro 21 de xuño. Entre os participantes sortearanse lotes de libros á volta das vacacións de verán. ANIMÁDEVOS!!!

No SEMINARIO GALÁN tamén podemos atopar moitos recursos sobre Carlos Casares, dende actividades en liñas, documentos para imprimir...

Preme na imaxe

Tamén na FUNDACIÓN CARLOS CASARES unha morea de achegas dos centros educativos nos invitan a coñecer a este polifacético escritor.

Preme na imaxe





No hay comentarios:

Publicar un comentario