24/2/18

CELEBRANDO O DIA DE ROSALIA


Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg

Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Onte celebramos no noso colexio un recordatorio da súa obra, facendo actividades de lectura e interpretación en Educación Infantil e Primaria, para que no nos esquezamos da importancia desta escritora que esta viva na nosa cultura e nos nosos corazóns.



2/2/18

ENTROIDO 2018

O ENTERRO DO ENTROIDO

A comitiva fúnebre do Entroido, percorreu o patio do noso colexio entre os choros dos nenos e nenas que tanto estimaban ao finado e que lle foron cantando "Xa morreu, xa morreu, dunha inxente que comeu, non chorar, non chorar que o imos enterrar". E así rematou o carnaval 2018. Xa estamos preparándonos para o próximo.










O FESTIVAL DO ENTROIDO

O Entroido é unha festa que ten unha orixe moi antiga que nos leva ata as festas gregas celebradas en honor do deus Dionisos, ou as Lupercales romanas. Hai historiadores que as levan máis lonxe aínda no tempo, ata a antiga Sumeria ou Exipto, pero o certo é que o Entroido recolle tamén aspectos de outras culturas europeas da antigüidade como a dos celtas. Suponse que constitúen a supervivencia das antigas festas agrarias de entrada na Primavera e o comezo de ano, que coincidía co fin do inverno.
En Galicia O Entroido, tamén chamado Antroido ou Introido, entre outras denominacións, é unha celebración de longa tradición popular, e aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon, outros están en proceso de recuperación. 
Nos colexios traballamos para que non se perdan as nosas tradicións.

    

Preme na imaxe (Xunta de Galicia)
http://museodopobo.gal/web/uploads/file/Entroido.pdf

Preme na imaxe (Museo do Pobo Galego)







OS MANDADIÑOS DE "MANOLO"

  E con este Mandadiño "Manolo" remata por este ano. Saudiños!!!! No hay texto alternativo automático disponible.

O terceiro Mandadiño
No hay texto alternativo automático disponible.

Aquí vos vai o segundo Mandadiño

No hay texto alternativo automático disponible.

O esqueleto Manolo xa fixo a súa aparición
 para inaugurar o entroido 2018 co primeiro 
dos mandadiños.
Recordade que o LUNS...



DIA DA PAZ 2018


"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".
 - Mahatma Ghandi - 

O 30 de xaneiro celébrase un día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.
Neste día é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por os dereitos humanos, a non violencia e paz, son motivos para recordar o 30 de xaneiro, día en que as escolas comprometémonos como defensoras da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar.

Aquí vos deixamos as fotos e o vídeo do baile da Paz que fixemos no patio do colexio, nun día tan importante para toda a humanidade, e que traballamos cunhas fitas de cores e mensaxes escritos por todo o alumnado, coas que fixemos dúas bandeiras de pregarias tibetanas. 
Para rematar a actividade, e como cada ano,  ceibamos as pombas mensaxeiras que sempre achega ao colexio a profesora Sabela.
Houbo moitas apertas e bicos de Paz, que desexamos se manteñan sempre.