31/3/24

SEMENTEIRA DE VERSOS

 

O alumnado de 6º, xunto coa suas mestras, foron os encargados de representar ao noso cole na Sementeira de Versos que este ano convocou o Concello de Pontedeume aproveitando a Semana da Poesía.

Noraboa! polo voso traballo co recitado de versos, a cantiga e esas fermosas flores que encheron de cor e ledicia os xardíns do paseo marítimo da nosa vila.


23/3/24

DÍA DA POESÍA

 O día 21 de marzo celébrase mundialmente o Día da Poesía. Aproveitando a celebración do aniversario de Rosalía de Castro o pasado 23 de febreiro e seguindo a proposta de Güino, todo o alumnado do centro reunímonos no patio de primaria para recitar os versos traballados nas aulas.

Amosamos aquí os versos recitados e que penduramos no noso taboleiro especial Rosalía, a nosa poetisa. Sentimos non poder amosar o audio recitado dos mesmos pero o espacio escollido para a actividade, ao aire libre, e os medios tecnolóxicos non permitiron unha boa calidade de son para gozalo.



25/2/24

DÍA DE ROSALÍA

Para a conmemoración do aniversario da nosa poetisa galega de cabeceira, o 23 de febreiro, contamos coa colaboración das aulas de 5 anos que prestaron a súa voz ao vídeo co que, colaborando os equipos de biblioteca e dinamización, animounos a traballar os versos de Rosalía de Castro contidos no audio libro "Rosalía Pequeniña". 
O día comezou co agasallo dunha rosa en cada aula que, no seu talo presentaba unha folliña coa dirección web á entrada do video na páxina do blog da nosa biblioteca Xardín do Pasatempo. 
Desde alí Güino convidounos a traballar poemas de Rosalía de Castro que o vindeiro 21 de marzo recitaremos na celebración do Día da Poesía.
Como mostra gráfica deste día o alumnado devolveu a rosa ao Xardín de Rosalía construído para a ocasión e que amosou na entrada do centro a biografía e unha mostra bibliográfica da nosa escritora.

17/2/24

ENTROIDO OLÍMPICO!!

 Este curso e con motivo do PDI AS OLIMPÍADAS o entroido do Couceiro non podía ter outro tema que os xogos olímpicos e, aquí nos tedes a todo o alumnado e profesorado implicado nos preparativos para facervos gozar dun intre ben divertido.

Desde fachos olímpicos, hasta gregos e gregas danzando, aros que invitan a asistir a París e a lembranza de tantos e tantos logos que se deseñaron desde hai moitos anos para celebrar esta festa do deporte. Non faltou nada nesta xornada festiva. 

Tampouco desde aquí queremos deixar de agradecer a colaboración das familias, nos talleres, no aporte de materiais e en todo o que fixo posible que un ano máis abrísemos o entroido na nosa vila, aínda que a choiva non nos permitise realizar o tradicional pasarrúas.

Gozade destes vídeos!! 

E como remate o.... XA MORREU!

ATA O VINDEIRO CURSO ENTROIDO!!

3/2/24

DÍA DA PAZ

Foron dúas as principais actividades do noso cole para celebrar o Día da Paz. 
Coas MINI OLIMPÍADAS POLA PAZ buscouse a colaboración grupal para realizar unha serie de probas que prepararon os profes de educación física, Roberto e Xabi. Coa decoración individual de Bolboretas para formar os SÍMBOLOS DA PAZ COS AROS OLÍMPICOS representativos dos cinco continentes decoramos os ventanais principais do centro.
Ámbalas dúas actividades ensináronnos a importancia da colaboración para un fin común e como, poñendo cada un de nós as nosas potencialidades, podemos CONSTRUÍR entre todos.

Aquí temos unha mostra deste día vivido polas aulas de Educación Infantil.





23/12/23

DESEXANDO UN VENTUROSO 2024.

Un ano máis o noso alumnado, desde 6º de educación infantil ata 6º de educación primaria implicouse a fondo na elaboración do deseño dos ALMANAQUES DE PETO. 
Nesta ocasión inspirados na temática do PDI "As olimpíadas" xurdiron ilustracións e textos moi chamativos cos que, desde o Equipo de Dinamización Lingüística, se agasallou ás familias no remate deste ano 2.023.

30/11/23

25 N

 A conmemoración desta data estivo presidida pola pancarta que forma parte de unha das casiñas da OCA DOS NOSOS MAIORES e que deseñou o alumnado de 5º A.

Con ela, na entrada do centro e posteriormente no magnífico escenario do noso paseo marítimo, os maiores do cole leron un manifesto que abogou polo dereito ao trato e sentir respectuoso cara á muller.